Normalización Lingüística

 

O Equipo de Normalización lingüística do Centro, artellará unha serie de medidas procedementais e instrumentais dirixidas á Comunidade Educativa (Profesorado, Alumnado, APA, Administración e Servizos), que tratarán de analizar a realidade sociolingüística de cada un dos estamentos nomeados, e que han servir de punto de partida para coñecer a presenza real da que goza a Lingua Galega no propio centro.

O Equipo de Normalización lingüística do Centro, artellará unha serie de medidas procedementais e instrumentais dirixidas á Comunidade Educativa (Profesorado, Alumnado, APA, Administración e Servizos), que tratarán de analizar a realidade sociolingüística de cada un dos estamentos nomeados, e que han servir de punto de partida para coñecer a presenza real da que goza a Lingua Galega no propio centro.

 Planoxeral para o uso da lingua

  • Promover o uso da Lingua Galega como lingua vehicular, especialmente por parte daqueles membros da Comunidade Educativa galego-pensantes.
  • Converter a situación diglósica actual en bilingüismo competente.
  • Animar o profesorado a potenciar o uso da Lingua Galega nas actividades de aula e centro.
  • Animar o alumnado a utilizar a Lingua Galega como “normal”, nas súas comunicacións, avisos e apuntamentos, na propia aula e contorna.
  • Solicitar de todos e cadanseu membro da Comunidade Educativa, un compromiso persoal no proceso normalizador da Lingua Galega.

  Plano específico para o ensino da lingua galega

  • Dar a coñecer a todos os integrantes da Comunidade Educativa, a normativa vixente que lexisla o proceso de Normalización Lingüística.
  • Prestar asesoramento lingüístico aos diferentes compoñentes da Comunidade Educativa, especialmente á sección administrativa.

 Actividades para potenciar a dinamización da lingua galega no centro.

  • Elaboración e Exposición de traballos coa periodicidade que indican as datas tradicionais: Magosto, Nadal, Entroido, Letras Galegas...
  •  Rotulación da vida escolar: Aulas, Corredores, Administración...
  • Potenciar a actividade teatral en Primaria e Secundaria.
  • Recuperar xogos populares.
  •  Certames Literarios e celebración das Letras Galegas.
  • Celebración dunha romaría tradicional na semana das Letras Galegas como exaltación da nosa cultura
  • Intercambio de información e proxectos con outros centros.
  • Continuar a nosa colaboración literaria co centro Eusebio da Guarda.
  • Edición de camisetas, estampiñas adhesivas, calendarios, insignias...
  • Exposicións fotográficas sobre xentes, barrio...da túa cidade.
  • “Encontros” con autores de libros lidos polo alumnado.
  •  Exposicións de traballos elaborados polo alumnado do centro.
  • Campaña de animación á lectura en Lingua Galega: xornadas na biblioteca, dotación para as bibliotecas de aula, difusión das novidades editoriais...
  • Fornecemento das áreas que se deben impartir en Lingua Galega: materiais didácticos (de aula, biblioteca...)