Objetivos y ejes de actuación

1. OBXECTIVOS 

1.1. Co Centro 

• Colaborar na elaboración do PEC e PCC. 

• Asesorar técnicamente nas cuestións de adaptacións 

curriculares, intervencións psicopedagóxicas, programas de 

desenvolvemento individual,... 

• Contribuir á realización de estudos e análises das 

necesidades dos alumnos do centro. 

• Colaborar na planificación e organización de actividades 

educativas. 

• Promover a cooperación entre o centro e as familias para 

unha maior eficacia e coherencia na educación dos alumnos. 

• Aportar unha competencia psicopedagóxica especializada na 

acción educativa do centro. 

• Conseguir que o centro asuma a responsabilidade da 

orientación profesional e preparación para a vida activa dos 

alumnos. 

1.2. Co alumnado 

• Colaborar na prevención, detección e resolución de 

problemas ou dificultades educativas que presenten os 

alumnos. 

• Axudar aos alumnos nos momentos de mayor dificultade: 

ingreso, cambios de ciclo, elección de optativas ou 

itinerarios,.. 

• Proporcionar unha orientación académica e profesional 

individualizada. 

• Asesorar en técnicas de estudo, métodos de traballo,... 

• Proporcionando reforzo pedagógico aos alumnos que o 

necesiten. 

• Potenciar a orientación a todos os alumnos (problemas 

emocionáis, relacións e conflictos interpersonais,…) 

1.3. Co Profesorado 

• Transmitirlles información sobre o perfil psicopedagógico do 

alumnado na medida que facilite o seu traballo con eles. 

• Asesorarlles en cuestións prácticas de organización e 

agrupamento dos alumnos e atención á diversidade.

• Coordinar o traballo de tutorías e asesorarlles no desempeño 

da labor titorial. 

• Demandarlles colaboración nas actividades propostas polo 

departamento. 

• Orientarlles técnicamente en relación a actividades e 

procesos de avaliación, reforzo e apoio pedagóxico, 

promoción,etc. 

• Colaborar na detección de problemas educativos, de 

desenvolvemento e/ou aprendizaxe que presenten os 

alumnos e a pronta intervención para tratar de remedialos. 

1.4. Coas familias 

• Cooperar na relación titores-familia na solución de 

problemas que afectan aos fillos. 

• Orientar ás familias de forma individual e colectiva para que 

asuman a educación e orientación dos seus fillos con 

responsabilidade. 

2. EIXES BÁSICOS DE ACTUACIÓN 

2.1. Atención á diversidade 

Obxectivos 

• Colaborar na prevención e detección de problemas ou 

dificultades educativas que presenten os alumnos. 

• Asesorar e apoiar ao profesorado na atención á diversidade. 

• Facilitar ao profesorado técnicas e instrumentos relativos aos 

hábitos de traballo, técnicas de estudo, programas de 

mellora cognitiva, habilidades sociais..... 

• Deseñar propostas educativas diversificadas, nun continuo 

de menor a maior grao de significatividade, de organización, 

procedementos, metodoloxía e avaliación adaptadas ás 

necesidades do alumno xurdidas das súas características 

persoais e da interacción co entorno. 

• Organizar e coordinar os recursos persoais do centro cara á 

mellor eficacia das accións deseñadas. 

• Favorecer a participación dos pais e implicalos no proceso 

educativo dos seus fillos. 

• Promover a colaboración e coordinación con profesionais e 

institucións externas ao centro. Actuacións 

• Medidas preventivas 

• Medidas curriculares (Reforzo Educativo, Optatividade, 

Adaptación curricular) 

• Medidas organizativas (Desdoblamentos en língua e 

matemáticas, Agrupamentos Específicos) 

2.2. Plan de Acción Titorial 

O Plan de Acción Titorial pretende ser o marco no que se especifican 

os criterios e procedementos para a organización das titorías, así 

como as liñas de actuación co alumnado, coas familias e co 

profesorado. 

O Departamento de Orientación elabora o Plan coa colaboración dos 

titores, estando tamén implicados o profesorado, o alumnado e as 

familias, xa que a súa colaboración e coordinación son parte 

fundamental deste proceso educativo. 

Nun principio establecense os obxectivos, para despois, en función 

dos mesmos, iren planificando diferentes actividades que permitan 

acadar estes obxectivos. 

Este Plan coas incorporacións que na avaliación do mesmo fixo o 

profesorado, servirá de referente na actuación dos titores/as, xa que 

estes irán adaptandoo en función das necesidades, motivacións e 

intereses de cada grupo. A avaliación do Plan irase facendo a medida 

que se leve a cabo. A información recollida permitirá facer axustes e 

modificacións tanto no seu desenvolvemento como ao remate do 

curso, coa finalidade de melloralo e de que teña unha continuidade. 

2.3. Orientación Académico-profesional 

A orientación vocacional ten por obxecto axudar ao alumnado ao 

longo da Educación Secundaria a valorar e actualizar as súas 

preferencias académico profesionais para que poda formular libre e 

responsablemente a sua decisión personal, que deberá concretar nun 

plan o proxecto concreto. O proceso de toma de decisións terá que ser

realizado polo propio alumno,  nunca por outros membros da

comunidade educativa (familia, profesores, titores ou orientadoras),

que sí ten a responsabilidade de ofrecerlle a información e orientación que 

precisen para levalo a cabo. 

 Obxectivos 

• Axudar ao alumno ao coñecemento de si mesmo

• Proporcionar información aos alumnos sobre os itinerarios 

académicos e sobre a situación e tendencias actuais do mundo 

laboral 

• Desenvolver habilidades de búsqueda e tratamento da 

información. 

• Desenvolver a reflexión e capacidade crítica para realizar a 

toma de decisións 

• Implicar ás familias no proceso para que coñezan e apoien as 

decisións responsables dos seus fillos.