PSICOMOTRICIDAD

 

Este proxecto nace despois dunha reflexión sobre a necesidade dun cambio metodolóxico debido a que precisamente en Educación infantil, desenvolvemento e aprendizaxe son procesos dinámicos que teñen lugar a partires do coñecemento de sí mesmo e da interacción co contorno. Queremos que os alumnos exploren, descubran e potencien a súa psicomotricidade.

 

Deste xeito, estamos a traballar para a mellora do desenvolvemento psicomotriz adaptándonos á idade e características dos alumnos e así detectar e mellorar posibles problemas no desenvolvemento perceptivo-motriz que poidan afectar á aprendizaxe.